Početna Stranica aplikacije Komunikacija Firefox: brz i privatan
Firefox: brz i privatan

Firefox: brz i privatan

Odaberite brz, privatni preglednik i prilagodite ga s više od 600 ekstenzija

AmongChat, Match & Voice Chat
Call Forwarding
ANY CALL
Whats Web Scanner - Dual WA
O navegador Firefox para Android é automaticamente privado e incriblemente rápido. Cada día, miles de rastrexadores en liña séguente e recollen información sobre as páxinas que visitas, diminuíndo a túa velocidade de navegación. Firefox bloquea máis de 2000 destes rastrexadores de forma predeterminada e pon á túa disposición complementos de bloqueo de anuncios por se queres personalizar aínda máis o teu navegador. Con Firefox, poderás gozar da seguridade que te mereces e da velocidade que precisas nun navegador privado e móbil.

RÁPIDO, PRIVADO E SEGURO
Firefox é agora mais rápido que nunca e ofréceche un potente navegador web que protexe a túa privacidade. Mantén a túa información persoal privada coa Protección de seguimento mellorada, que bloquea automaticamente máis de 2000 rastrexadores en liña impedindo que invadan a túa privacidade. Con Firefox, non fai falla fozar na configuración de privacidade, todo se fai automaticamente. E se queres ter todo controlado, podes elixir entre os moitos complementos de bloqueo de anuncios dispoñibles para o navegador. Deseñamos Firefox con funcións de navegación intelixentes que che permiten levar a túa privacidade, os teus contrasinais e os teus marcadores contigo de forma segura alá onde vaias.

PROTECCIÓN DE SEGUIMENTO E CONTROL DA PRIVACIDADE MELLORADAS
Firefox permíteche protexer a túa privacidade cando navegas. Bloquea os rastros de terceiros e os anuncios non desexados que te seguen na web coa Protección de seguimento mellorada. Fai as túas procuras en modo de Navegación privada para non ser identificado ou rastrexado: o historial de navegación privada bórrase automaticamente cando terminas.

SÉ DONO DA TÚA VIDA EN LIÑA
- Engade Firefox aos teus dispositivos para navegar de forma segura, privada e fluída.
- Sincroniza os teus dispositivos para levar os teus favoritos, inicios de sesión gardados e historial de navegación contigo a todas partes.
- Envía pestanas abertas dos dispositivos móbiles ao ordenador.
- Firefox facilita a administración de contrasinais ao recordalas en todos os dispositivos.
- Leva a túa vida en internet contigo a todas partes sabendo que os teus datos persoais están seguros e non se venden.

PROCURAS INTELIXENTES E RÁPIDAS
- Accede facilmente a accesos directos de provedores de procuras como Wikipedia, Twitter e Amazon.

UN NIVEL DE PRIVACIDADE SUPERIOR
- Goza dunha privacidade mellorada. A Navegación privada con Protección de seguimento bloquea as partes das páxinas web que poidan rastrexar a túa actividade.

PESTANAS VISUAIS E INTUITIVAS
- Abre todas as pestanas que queiras sen perderlles a pista.

ACCEDE FACILMENTE AOS TEUS SITIOS FAVORITOS
- Dedica máis tempo a navegar polos teus sitios favoritos e menos a buscalos.

COMPLEMENTOS PARA TODO
Faite co control do teu navegador móbil personalizando Firefox con complementos como bloqueadores de anuncios, administradores de contrasinais e descargas e máis.

COMPARTE ENLACES RAPIDAMENTE
- O navegador web Firefox fai que compartir enlaces de páxinas web ou elementos específicos dunha páxina sexa mais fácil ao conectar con aplicacións de uso recente como Facebook, Instagram, Twitter, WhatsApp, Skype e mais.

O TEU CONTIDO NA PANTALLA GRANDE
- Envía vídeos e contido web do teu teléfono intelixente ou tableta a calquera televisor cun sistema de difusión compatible.

Máis información sobre Firefox para Android:
- ¿Tes algunha pregunta ou necesitas axuda? Visita https://support.mozilla.org/mobile

SOBRE MOZILLA
En Mozilla cremos que o aberto e libre é mellor que o cerrado e controlado. O noso obxectivo é que internet sexa un recurso público accesible para todos, e deseñamos produtos como Firefox para promover a elección e a transparencia e dar ás persoas máis control sobre as súas vidas en liña. Para máis información, visita https://www.mozilla.org.

Política de privacidade: https://www.mozilla.org/legal/privacy/firefox.html
  • Firefox: brz i privatan screenshot 1Firefox: brz i privatan screenshot 2Firefox: brz i privatan screenshot 3Firefox: brz i privatan screenshot 4Firefox: brz i privatan screenshot 5Firefox: brz i privatan screenshot 6Firefox: brz i privatan screenshot 7Firefox: brz i privatan screenshot 8Firefox: brz i privatan screenshot 9Firefox: brz i privatan screenshot 10Firefox: brz i privatan screenshot 11Firefox: brz i privatan screenshot 12Firefox: brz i privatan screenshot 13Firefox: brz i privatan screenshot 14Firefox: brz i privatan screenshot 15Firefox: brz i privatan screenshot 16Firefox: brz i privatan screenshot 17Firefox: brz i privatan screenshot 18

4.6
5,421,807 Ukupno
5 4,241,259
4 624,205
3 224,386
2 91,525
1 240,419

Changelog / Whats Novo

Bug fixes and stability improvements.

Dodatne Informacije

  • 126.0.1
  • Android 5.0+
  • Everyone
  • 100000000